viernes, 31 de marzo de 2017

OLIMPIADAS DO CAMPO 2017

BASES DE PARTICIPACIÓN NAS V OLIMPIADAS DO CAMPO

Edición 2017

AQUÍ VOS QUEDAN AS BASES DE PARTICIPACIÓN NAS V OLIMPIADAS DO CAMPO que organiza o Colectivo Malaherba e que terán lugar o sábado 29 de abril dentro da programación da Festa da Sementeira do Millo na edición do ano 2017.


As inscricións poderán realizarse dende xa, ata o xoves 27 de Abril ás 24:00H.


Para participar, debedes mandar un email a: colectivomalaherba@gmail.com ; Indicando: o voso nome e/ou alcume nas probas individuais e por parellas, e un telefono de contacto. Nas proba de equipo deberedes dar un nome, dicir de onde sodes e se sodes dalgún colectivo, reseñalo tamén. Indicade en que probas queredes participar e un teléfono de contacto.
No caso dos nenos, poñer a súa idade.
E lembrade que as prazas son limitadas!

ATENCIÓN!! O DERRADEIRO DÍA DE PRAZO PARA APUNTARSE E PARTICIPAR NÁS OLIMPIADAS DO CAMPO 2017 , REMATA O XOVES 27 DE ABRIL ÁS 24:000 H.!!

  Saúdos e sorte!!  

Para participar nas OLIMPIADAS DO CAMPO, será imprescindible que cada participante asine a "advertencia legal" que expoñemos a continuación:

Advertencia legal:
O Colectivo Cultural Malaherba non se fai responsable dos danos sufridos polos participantes en dita actividade (VI Olimpiadas do Campo ) , asumindo cada participante a responsabilidade dos posibles danos que poidan ser causados aos mesmos.

SENDO OBRIGATORIO PARA PARTICIPAR nas V Olimpiadas do Campo (ano 2017) 
  que cada participante asine (Incluíndo nome e DNI) antes de comezar a súa participación en dita actividade (VI Olimpiadas do Campo) o seguinte escrito:

Coñezo e comprendo os riscos derivados da participación na actividade descrita (VI Olimpiadas do Campo), comprometéndome á realización da mesma,  na forma indicada pola persoa integrante da organización e renunciando expresamente a efectuar calquera reclamación futura dos prexuizos que poidan ser ocasionados co obxecto da realización de dita actividade.


   As inscricións están abertas nas seguintes modalidades:

-Lanzamento de Sacho (individual):

  O lanzamento do sacho debe realizarse por detrás da marca posta pola organización, en posición semi-estática (sen tomar carreira e sempre cun dos dous pés sobre o chan) e sen pisar a raia. Para que o lanzamento sexa válido terá que caer dentro do espazo delimitado polas marxes laterais. Haberá unha quenda de clasificación na que se debe superar a marca establecida pola organización. Na fase final serán medidos os lanzamentos, gañando aquel/a que máis lonxitude alcance. Tomaránse as medidas de lonxitude dos lanzamentos a partir da posición do ferro do sacho, independentemente da posición que presente o mango. O número de lanzamentos será de 2 por participante.

   -Lanzamento de Boina (individual):

   O lanzamento de boina debe realizarse desde detrás da marca posta pola organización, (sen pisala), en posición estática e sen levantar ningún dos pés do chan. Non está permitido facer unha bola coa boina. Para que o lanzamento sexa válido, terá que caer dentro do espazo delimitado polas marxes laterais. Haberá unha ronda de clasificación, pasando á final os que superen a marca establecida pola organización. Gañará o que lance a boina máis lonxe cun lanzamento válido. O número de lanzamentos 2 por participante.

-Desprazamento de marcos (por parellas):
Nesta proba, cada unha das parellas participantes deberán desenterrar un marco e trasladalo ata o lugar indicado pola organización, deixándoo correctamente colocado e soterrado ata a marca disposta no marco. Os participantes contarán coa axuda dunha pa para a realización desta proba. 
A clasificación realizaráse en función do tempo empregado para mover o marco de forma correcta. 

 - Cabaleiros das cuncas (por parellas):

  Carreira por parellas, na que un irá ás carranchapernas do compañeiro transportando unha cunca chea de viño. O obxectivo será trafegar o viño contido nun recipiente situado na zona de saída, ata outro recipiente situado na zona de chegada. Os participantes deberán ir dacabalo cando transporten as cuncas cheas, unha vez baleiradas poden volver correndo. Tamén será obrigatorio encher as cuncas antes de subir ao cabalo. A parella que consiga encher antes o seu recipiente gañará a proba.


  -Remudas de bocois de viño (equipos de 4):
Carreira de remudas na que cada un dos compoñentes dos equipos participantes deberán trasladar, rodando polo chan, e de maneira individual, un bocoi de viño ata o lugar no que están os seus compañeiros, pasando o bocoi ao seguinte compañeiro participante. Gañará a proba o equipo que antes consiga completar a remuda de todos os seus compoñentes.  Os participantes non poderán saír da zona de entrega do bocoi ata que o reciban do seu compañeiro precedente. No caso de recibir fóra da zona de entrega, o equipo será descalificado. As zonas de entrega do bocoi terán unha lonxitude de 8 m. A proba remata cando se cruza a liña de meta co bocoi por parte do derradeiro compoñente da remuda. Clasificaránse os primeiros postos e os mellores tempos de todas as quendas. 

- Tiro da corda (equipos de 5):

  Equipos de 5 persoas, cada equipo turra para o seu lado, tratando de meter o pano atado no medio da corda na súa zona e conseguindo así a vitoria.


MINI- OLIMPIADA DO CAMPO PARA NEN@S.

Nesta nova edición da Sementeira, os nenos e nenas terán un espazo propio para desenvolver a súa Olimpiada, que se desenvolverá de xeito paralelo á dos adultos. Esta actividade será desenvolvida pola asociación Semente Vigo, e algunhas das probas nas que poderán participar son as seguintes: 

- Debullar o millo (individual):

  Os participantes deberán debullar a maior cantidade de millo no tempo estipulado pola organización. Acabado o tempo, será pesado o millo debullado polos participantes, gañando o que mais peso acade.

- Lanzamento de boina (individual)

- Carreira da trespés.(parellas)

Cada parella, agarrados pola cintura, deberán cubrir unha distancia tendo amarrados entre eles os pés que teñen pegados.

Obradoiro da Sementeira (colectiva)

No hay comentarios:

Publicar un comentario