miércoles, 1 de enero de 2014

No ano 2009 , aproveitando a celebración da FESTA DO RURAL, o Colectivo Malaherba decidía organizar as  primeiras Olimpiadas do Campo. Eran tres as probas que se ían celebrar nesa primeira edición: lanzamento de sacho, lanzamento de boina e carreira con carretillas.
A partir do 2012, continuríamos coas Olimpiadas do Campo, agora xá incluída na programación da Festa da Sementeira do Millo, festa que organiza o Colectivo Malaherba no Muíño da Regueira(Matamá-Vigo). Convertindo ás Olimpiadas do Campo nunha das actividades máis concurridas de dita festa.
Co paso das edicións,o número de probas iría aumentando. Incorporándose ao calendario de probas, o tiro da corda, o debullamento de millo e o cabaleiro das cuncas.
O número de participantes tamén vai aumentando ano tras ano, como exemplo decir que no ano 2013 os inscritos superaron o número de 200.

No hay comentarios:

Publicar un comentario